sábado, 24 de febrero de 2007

Spartak de Portorroibo



Fundado o día o 1 de Maio e 2005 e trocou de dono o 4 de Xuño de 2006. Equipo que xoga no grandioso brea stadium cada 15 días demostrando que é un dos equipos que este ano ten mais posibilidades de ascenso. O Spartak é un equipo que estivo 3 temporadas en X e agora busca o salto de calidade. Como local xoga coa camisola verde,e o seu mellor xogador é Jens Christian Hemmingsen no medio campo e o seu artilleiro Mauro Ruiz Escudero. As participacións anteriores do Spartak no torneo foron un 7º posto na I edicion e o 5º na II,pero este ano pode chegar a conseguir un posto de honra no torneo.


Os Resultóns de Ferrol





Os "resultóns de Ferrol" nace o 12 de Novembro de 2.007, como consecuencia do desaparecido "Silveira_team". A súa sede está en Ferrol, e xoga no Veiga´s Stadium.

Recibe este nome, pola publicidade do programa de radio GnG, na que se di que os "resultóns" son os de Narón. E o de Ferrol, porque eu son de alí, e tamén somos Resultóns... XDDD

O seu uniforme titular é camisola verde, e pantalón branco, sendo todo negro o suplente. Actualmente xoga na división X do grupo 2003.


Rapido de Reborido



O Rápido de Reborido nace como clube o día 30 de xaneiro de 2007 da miña man, Jou. Este clube ten a súa sede en Reborido (de ahí o seu nome), moi pretiño de Santiago de Compostela.

Xoga como local no estadio Lobelle Park, nome sacado do programa Galicia en Goles o día do partido do Lobelle ante a Luparense na Recopa de Europa.Participa na liga X, grupo 1437, onde leva dúas tempadas, acadando dous 2º postos quedandose a un pasiño do ascenso.

Na súa primeira participación no trofeo HT-GnG o Reborido acadou un meritorio 6º posto e estivo loitando co Areas Team (que defendía título) por meterse nas semifinais do trofeo.

Os seus colores principias son o branco e o verde na primeira equipación, e amarelo e negro na segunda.

Hai que reseñar que este equipo naceu no lugar do Inter de Marraxon, que tivo problemas burocráticos que provocaron a súa desaparición.A súa principal estrela é Policarpio Cabestany, indiscutible nas aliñacións do seu adestrador, Andrei Nicolescu.









Real Aurochs de Pontevedra




O Real Aurochs de Pontevedra é un equipo que foi fundado o 2 de Maio do 2006. O equipo, que ten a súa sede na cidade do Lérez, viste camisola granate con pantalón azul. O equipo comezou a súa andadura na división X onde estivo colocado dúas tempadas, acadando un segundo posto na 1ª e quedando 1º na segunda tempada gañando todos os encontros de liga, acadando así o seu ascenso a IX cun balance envidiable por calquera. Na terceira temporada conseguiron un 3º posto. Os de Pablo aínda son uns auténticos expertos nestas competicións de Copa xa que desputaron dous trofeos de cupmanager a eliminatoria pura acadando nos dous un meritorio terceiro posto. Este tempada parece de transición para os de Pontevedra xa que atópanse na zona tranquila da táboa do seu grupo de división IX, pero postúlanse como un equipo moi perigoso neste trofeo. O seu xogador estrela e o defensa Victor Fariñas.

Corgo Team



O Corgo Team fundouse o dia 10/09/2006 na tempada 18 (mellor dito, na metade da tempada), na division X.2467 na cal rematou 5º, despois de unha gran remontada xa que comezou sen puntos e rematou con 14. Na súa segunda tempada, acadou un 2ºposto.

Hai que dar as grazas a Peña GnG (Grazas), xa que foron os impulsores do equipo. A dia de 15/02/2007 o equipo vai 3º na sua liga moi seguido do resto dos seus adversarios.

O equipo non chega no seu mellor momento pero o corpo tecnico promete grandes cambios xa que a aposta pola xente nova non da resultado (21.5 anos de idade media). Non é goleador pero moi efectivo, polo que seguro que dara guerra na competicion sen facer moito ruido.
Moita sorte a todos, e que gañe o mellor.

Areas Team



O Areas Team foi fundado o 16 de xaneiro de 2006. Este equipo con sede en Areas (Ponteareas) viste camiseta azul e branca a raias.

O seu estadio comezou sendo o Lomba Arena con capacidade para 12.000 espectadores, pero o coliseum azul quedouse pequeno dende o primeiro ascenso a división VIII polo que o clube viuse obrigado a remodelalo en Marzo de 2007 convertíndoo no estadio máis grande de todos os de GnG con capacidade para 16.603 espectadores e convertíndose no Novo Lomba Arena. Este gran estadio voltouse a quedar pequeno despois do segundo ascenso e en novembro de 2007 acadou a capacidade de 21010 espectadores.

O equipo naceu en división IX onde se mantivo durante 2 tempadas, conseguindo na última un segundo posto que o acreditou como novo equipo de división VIII. Esta tempada o equipo debuta nesta importante división, onde ocupou o posto 8º, o que quere decir, que voltou a división IX. Un aniño polo "inferno" de nove pasaron os de Gonza acadando de novo o segundo posto e alcanzando o segundo ascenso a VIII.1488. Nesta división o primeiro ano os branquiazuis lograron o segundo posto e quedáronse as portas do ascenso. No segundo ano acadaron o maior éxito da súa historia e dos equipos GnG que foi ascender a división VII tras rematar no primeiro posto. Na primeira tempada en VII o Areas logrou manter a categoría que a fin de contas era o seu obxectivo.

Na súa curta historia o Areas Team xa desputou partidos amistosos en Francia, Italia, Portugal e Bélxica.
O equipo participou nos catro trofeos organizados pola peña. No primeiro lograba un segundo posto perdendo na final ante o Silveira_Team de Rac. e no segundo impoñíase polo que neste terceiro trofeo defendeu o título. A verdade e que sen moita sorte xa que os do Condado firmaron a súa peor clasificación neste trofeo quedando na cuarta posición. No cuarto trofeo os da Lomba alcanzaban a súa terceira final, pero de novo caian na gran final ante o Corgo Team de Rumal. Nas súas filas conta co balón de ouro do segundo trofeo: Anastasio Pinto, pero o cerebro deste equipo pasou a ser o "grego" Nikolaos Kotsifatsis.







ANTILENDOIRO



O “ANTILENDOIRO” nace o 18 de Marzo de 2008 e o seu nome e debido a que o dono non está dacordo coa xestión do presidente do Dépor. O estadio e o “ANTILENDOIRO ARENA” e ten de capacidade para 13.000 espectadores.
Na súa curta historia acadou dous quintos postos nas tempadas 23 e 24 na liga X.2172.
O seu uniforme titular é camisola branquiazul pantalón azul e medias azuis, sendo a segunda equipación camisola vermella, pantalón negro e medias negras.
Agora mesmo non pasa polo seu mellor momento debido a que hai unha remodelación do plantel.



Máis Berberechos



O Mais Berberechos F.C. Debutou o 28 de Xuño de 2008 na liga X.3927, contra o Kalatasaray. O equipo de recente creación, xogou duas tempadas na liga X, nos que o mellor resultado acadado na clasificación foi un humilde 4º posto.

As súas instalacións son o Mais Berberechos Arena cunha capacidade total de 12.000 asentos, distribuidos en 8.000 de fondo, 3000 de preferencia e 1000 baixo teito.

Unha das súas máis inportantes estrelas e Anders Egelund, xogador de gran experiencia que a pesares da súa idade, mantén unha boa cifra de goles por temporada e tamén o xovencísimo novo xogador Olivur Vágsheyg, cun gran futuro por diante. En xeral este equipo intenta apostar moito pola canteira e polas novas promesas.





viernes, 23 de febrero de 2007

1º Torneo

O Silveira venceu 1-0 ao Areas nunha final que se decidiu a falta de 2 minutos. Estas son as estadísticas deste Trofeo.

CADRO DE HONRA

1º SILVEIRA_TEAM

2º AREAS TEAM

3º REAL CLUB PONTEAREAS

4º PICARAÑA

5º SPARTAK DE PORTORROIBO

6º INTER DE MARRAXON


Balón de Ouro ao mellor xogador-> Miticã-Gabi Suciu (Silveira_team)

Mellor partido do trofeo-> Silveira_team 1-0 r.c. ponteareas

Trofeo Pichichi-> Labruna, Paradís (Areas), Escudero (Spartak) e Suciu (Silveira) 3 goles

Trofeo Zamora-> Marko Toroska (Areas) 1 gol recibido

Equipo máis deportivo-> Spartak de Portorroibo 2 puntos

2º Torneo

CADRO DE HONRA


1- AREAS TEAM

2- Silveira_team

3- alfortville

4- Inter de Marraxon

5- Spartak de Portorroibo

6- francisquin f.c.


MÁXIMO GALIFADOR DO TROFEO

Adrián Burgoa (Areas), Marc Vidal (Silveira), Gerald Robine (alfortville), Ruiz Escudero (Spartak) -> 3 goles

EQUIPO MÁIS GALIFADOR
AREAS TEAM 33 goles

TROFEO ZAMORA
Celal Serin (Areas Team) 10 goles recibidos

EQUIPO MÁIS DEPORTIVO
Inter de Marraxon 8 ptos

MELLOR AFECCIÓN
Areas Team-> media de 434 afeccionados

BALÓN DE OURO DO TROFEO
Anastasio Pinto (Areas Team)

MELLOR RATIBROM
Maurici Pardo García (Silveira_team)

DREAM TEAM DO TROFEO
http://www.cupmanager.org/files/index.php?mainpage=dreamteam&szMenu=main&nCupId=48911&szAction=dreamteam

3º Torneo

CADRO DE HONRA



1. SILVEIRA_TEAM


2. REAL AUROCHS DE PONTEVEDRA



3. SPARTAK DE PORTORROIBO



4. AREAS TEAM


5. CORGO TEAM


6. RÁPIDO DE REBORIDO


7. LOSMUYMALOS


8. RIANXO F.C.

9. TORDOIA_TEAM

10. BERBERECHO

PICHICHI DO TORNEO: Claudi Planellas (Real Aurochs) -> 6 goles

EQUIPO MÁXIMO GOLEADOR: Real Aurochs (38 goles)



MELLOR DEFENSA DO TORNEO: Rahman Ali Nasser (losmuymalos)


MELLOR DEFENSA DA FINAL: Gerard de Korte (Real Aurochs)


EQUIPO MENOS GOLEADO: Silveira_team (9 goles)


TROFEO ZAMORA: Evandro Zagato (Silveira_team) 5 goles en 8 partidos (0.625 gol/part)


XOGADOR MÁIS REGULAR DO TROFEO: Fernando Tamarit (Spartak de Portorroibo) -> 7Ptos


MELLOR XOGADOR DA FINAL: Evandro Zagato (Silveira_team)


EQUIPO MÁIS DEPORTIVO: losmumalos -> 13 Ptos

MELLOR AFECCIÓN: Real Aurochs-> media de 702 afeccionados por partido

4º Torneo


CADRO DE HONRA

1. CORGO TEAM

2. AREAS TEAM

3. SPARTAK DE PORTORROIBO

4. REAL AUROCHS DE PONTEVEDRA

5. RAPIDO DE REBORIDO

6. OS RESULTÓNS DE FERROL


PICHICHI DO TORNEO: Claudi Planellas (Real Aurochs) -> 7 goles


EQUIPO MÁXIMO GOLEADOR: Real Aurochs (33 goles)


MELLOR DEFENSA DO TORNEO: Mate Gaj (AREAS TEAM)


MELLOR DEFENSA DA FINAL: Sílvio Várzea (Corgo team)


EQUIPO MENOS GOLEADO: Real Aurochs (6 goles)


TROFEO ZAMORA: Albertus Bolsius(Real Aurochs) 6 goles en 11 partidos


XOGADOR MÁIS REGULAR DO TROFEO: Sergey Tarakanov(Corgo team) -> 10 Ptos


MELLOR XOGADOR DA FINAL: Wolf van Eekeres (Corgo team)


EQUIPO MÁIS DEPORTIVO: Os resultóns de Ferrol -> 15 Ptos


MELLOR AFECCIÓN: AREAS TEAM-> media de 906 afeccionados por partido