domingo, 22 de febrero de 2009

As regras do torneo

Para esta edicion imos trocar un pouquiño o xeito de xogar, non se vai facer ronda de grupos, senón que vai ser tipo liguiña, todos contra todos, a 2 voltas. Hai 9 equipos participantes: Antilendoiro, Resultóns, Rapido, Tordoia, Corgo, Spartak, Aurochs, Berberechos e Areas. Contamos con 2 baixas da edición pasada: Rolls Rois e Cespén; e temos unha alta: Tordoia.

Os partidos serán retados polo equipo local para un partido normal (nunca con regras de copa a non ser que sexa a partido único) no seu campo.
Os locais terán ata o Sábado ás 22:00h da noite para retar, en caso de non face-lo perderán o encontro 0-3. Os visitantes terán ata ás 22:00h da noite do Luns para aceptar, en caso de non facelo perderán o encontro por 3-0.

Como lle damos máis importancia a liga e queremos igualar o trofeo imos cambia-la norma dos 5 titulares. Os equipos de divisións superiores (VII e VIII) só poderán aliñar a 3 titulares do partido de liga, mentres que os equipos máis modestos poderán aliñar a 5 titulares do partido de liga. Lembramos tamén que solo contan os 11 xogadores que se aliñan en liga. Isto quere dicir que se se produce unha lesión no partido de liga e entra un suplente, ese non contará dentro dos 5 titulares os Mércores. En caso de non cumprirse, e se se confirma a aliñación indebida perderán o encontro por 3-0 ou se se dera o caso, DEIXA-LO torneo.


NAS SEMIS, FINAL, E LOITA DO 5º AO 8º POSTO PODERASE ALIÑAR A QUEN SE QUEIRA.

P.D.- Por favor, lede ben as normas e poñede especial atencion ós cambios realizados e ás cousas que se vos pide que fagades para cada partido, para calquera dubida utilizade a conta de correo torneoht@gmail.com, gracias.

No hay comentarios: