miércoles, 6 de mayo de 2009

FIN DA 1ª ROLDA

Pois hoxe mercores chegamos ó final da 1ª parte do torneo, a da liguiña.
Despois destas primeiras 10 xornadas temos o 1º eliminado do torneo, o Aurochs, ó quedar no ultimo lugar na clasificacion. No lado oposto esta o Spartak, dando a sorpresa do torneo quedando no primeiro lugar e presentando a sua candidatura para o titulo final.
Agora comeza o interesante, os 4 primeiros equipos da clasificacion van pelexar entre eles polo titulo final nunha liguiña, estes equipos son: Spartak, Tordoia, Resultons e Berberechos.
Os 4 seguintes equipos da clasificacion pelexaran entre eles polos postos comprendidos entre o 5º e o 8º, estes equipos son: Rapido, Antilendoiro, Corgo e Areas.
Estas liguiñas seran a 1 volta, polo tanto son 3 partidos para cada equipo, como son impares, algun equipo vai xogar mais partidos na casa que outro, os equipos que quedaron mais arriba na clasificacion teran o factor cancha a favor sempre.
Como agora hai 15 dias de descanso entre tempadas e despois comeza a copa, na que esta metido o Areas (o Aurochs tamen pero como esta eliminado non se conta) pois imoslle dar un descanso tamen ó torneo, polo tanto volveremos a darlle vida a esto cando o Areas quede eliminado da copa, que sera na 1ª rolda coma todolos anos. Asi que polas miñas contas o torneo volverá á vida a 1ª semana do mes de Xuño, por favor estade atentos ó blog para cando se confirme a data exacta.
Sorte a todos

1 comentario:

RUMAL88 dijo...

Boas. recordovos q eu tamn xogo a copa q stou en VIII.
un saudo.