sábado, 28 de febrero de 2009

Comunicado Oficial

Nesta edición haberá uns pequenos trocos no xeito de levalo. Todos, e digo TODOS, os donos dos equipos participantes terán moita responsabilidade para que o torneo vaia arriba e non haxa ningún tipo de problema á hora de retar, á hora de aceptar e de todo tipo.
1º.- Vaise crear unha conta de correo solo controlada por 2 personas, Jou e Brea.
2º.- Cada participante, en canto faga o reto, ten que copiar, dentro do menu de amigables, a frase que di: estás retando a 1 equipo xunto coa seguinte que pon o nome do equipo e todo iso.
(exemplo.- Estás retando a 1 equipo
España Spartak de Portorroibo (X) no teu estadio 11-02-2009 12:05

)
3º.- O equipo retado, en canto acepte o reto ten que copiar, dentro do menú de eventos do equipo, a frase
"Arranxouse un amigábel".
4º.- Despois de cada encontro, cada participante, debe enviar ó correo creado, un mail indicando:
a.- resultado
b.- unha mini cronica do partido, dende o seu punto de vista, como se estivera nunha rolda de prensa e lle dixeran: Mister, como resumiría o encontro de hoxe?
c.- Se ten dubidas sobre unha suposta aliñación indebida do equipo contrario. aquí ten que copiar a aliñación do partido e debaixo a aliñación do último partido de liga.
Ós participantes que non envien o correo no Mércores do partido, e se demostre que estiveron conectados ese dia, daráselles o partido por perdido 3-0. Si esto sucede 3 veces, quedarán inmediatamente expulsados do torneo.

A todos os participantes, moitas gracias por apuntarse, espero que entenderades ben eses pequenos cambios.

Se tedes algunha dúbida lémbrovos a conta de correo creada: torneoht@gmail.com. Ahí resolveranse tódalas dúbidas que poidades ter. O torneo comezará para a semán, aproveitando a 1ª semán do mes de marzo, polo tanto será o Mércores 4. O prazo para retar xa sabedes que vai dende o Xoves ata as 10 da noite do Sábado, e o prazo para aceptar dito reto vai dende que vos reten ata as 10 da noite do Luns. Solo me queda pedirvos que estedes atentos ó blog, para que despois non pasen cousas como as da edición pasada.

Un saúdo a todos.



viernes, 27 de febrero de 2009

1ª xornada

RESULTÓNS-AREAS
Estadio.- Veiga´s stadium (15.000 persoas)
Asistencia.- 574 persoas
Resultado.- 3-2
Goleadores.- Renato (2) e Ispas (resultons; de Jutter e Basile (areas)
Comentarios.- victoria merecida para os locais que deron a cara ante un equipo de superior categoria.
RAPIDO-BERBERECHOS
Estadio.- Lobelle park (14.100 persoas)
Asistencia.- 342 persoas
Resultado.- 1-3
Goleadores.- Minet (rapido); Dieste, Querejazu e Vaqsheyq (berberechos)
Comentarios.- victoria que se decidiu na primeira parte cun Berberechos moi superior ó Rapido.
TORDOIA-AUROCHS
Estadio.- O pequeno riazor (22.106 persoas)
Assistencia.- 1017 persoas
Resultado.- 0-4
Goleadores.- Esnaider (2), Matei e Karpisek (tordoia)
Comentarios.- Victoria moi sinxela para o Aurochs que demostra a sua calidade.
CORGO-SPARTAK
Estadio.- A nova cortiña (22.150 persoas)
Asistencia.- 691
Resultado.- 3-2
Goleadores.- Fernandez (2) e Vrancic (corgo); Taveau e Bucataru (spartak)
Comentarios.- partido moi brusco por ambas partes, un lesionado por cada equipo. Os locais gañan o encontro gracias a 3 goles moi trempaneiros ós que os visitantes non souberon darlle resposta.

jueves, 26 de febrero de 2009

Clasificación

Clasificacion

Posto-Equipo-GF-GC-P

1º Spartak 23 8 19
2º Tordoia 24 11 18
3º Resultons 18 11 15
4º Berberechos 14 11 13
5º Rapido 12 14 11
6º Antilendoiro 12 16 9
7º Corgo 10 19 9
8º Areas 10 11 7
9º Aurochs 4 21 4

domingo, 22 de febrero de 2009

As regras do torneo

Para esta edicion imos trocar un pouquiño o xeito de xogar, non se vai facer ronda de grupos, senón que vai ser tipo liguiña, todos contra todos, a 2 voltas. Hai 9 equipos participantes: Antilendoiro, Resultóns, Rapido, Tordoia, Corgo, Spartak, Aurochs, Berberechos e Areas. Contamos con 2 baixas da edición pasada: Rolls Rois e Cespén; e temos unha alta: Tordoia.

Os partidos serán retados polo equipo local para un partido normal (nunca con regras de copa a non ser que sexa a partido único) no seu campo.
Os locais terán ata o Sábado ás 22:00h da noite para retar, en caso de non face-lo perderán o encontro 0-3. Os visitantes terán ata ás 22:00h da noite do Luns para aceptar, en caso de non facelo perderán o encontro por 3-0.

Como lle damos máis importancia a liga e queremos igualar o trofeo imos cambia-la norma dos 5 titulares. Os equipos de divisións superiores (VII e VIII) só poderán aliñar a 3 titulares do partido de liga, mentres que os equipos máis modestos poderán aliñar a 5 titulares do partido de liga. Lembramos tamén que solo contan os 11 xogadores que se aliñan en liga. Isto quere dicir que se se produce unha lesión no partido de liga e entra un suplente, ese non contará dentro dos 5 titulares os Mércores. En caso de non cumprirse, e se se confirma a aliñación indebida perderán o encontro por 3-0 ou se se dera o caso, DEIXA-LO torneo.


NAS SEMIS, FINAL, E LOITA DO 5º AO 8º POSTO PODERASE ALIÑAR A QUEN SE QUEIRA.

P.D.- Por favor, lede ben as normas e poñede especial atencion ós cambios realizados e ás cousas que se vos pide que fagades para cada partido, para calquera dubida utilizade a conta de correo torneoht@gmail.com, gracias.