sábado, 24 de febrero de 2007

Areas Team



O Areas Team foi fundado o 16 de xaneiro de 2006. Este equipo con sede en Areas (Ponteareas) viste camiseta azul e branca a raias.

O seu estadio comezou sendo o Lomba Arena con capacidade para 12.000 espectadores, pero o coliseum azul quedouse pequeno dende o primeiro ascenso a división VIII polo que o clube viuse obrigado a remodelalo en Marzo de 2007 convertíndoo no estadio máis grande de todos os de GnG con capacidade para 16.603 espectadores e convertíndose no Novo Lomba Arena. Este gran estadio voltouse a quedar pequeno despois do segundo ascenso e en novembro de 2007 acadou a capacidade de 21010 espectadores.

O equipo naceu en división IX onde se mantivo durante 2 tempadas, conseguindo na última un segundo posto que o acreditou como novo equipo de división VIII. Esta tempada o equipo debuta nesta importante división, onde ocupou o posto 8º, o que quere decir, que voltou a división IX. Un aniño polo "inferno" de nove pasaron os de Gonza acadando de novo o segundo posto e alcanzando o segundo ascenso a VIII.1488. Nesta división o primeiro ano os branquiazuis lograron o segundo posto e quedáronse as portas do ascenso. No segundo ano acadaron o maior éxito da súa historia e dos equipos GnG que foi ascender a división VII tras rematar no primeiro posto. Na primeira tempada en VII o Areas logrou manter a categoría que a fin de contas era o seu obxectivo.

Na súa curta historia o Areas Team xa desputou partidos amistosos en Francia, Italia, Portugal e Bélxica.
O equipo participou nos catro trofeos organizados pola peña. No primeiro lograba un segundo posto perdendo na final ante o Silveira_Team de Rac. e no segundo impoñíase polo que neste terceiro trofeo defendeu o título. A verdade e que sen moita sorte xa que os do Condado firmaron a súa peor clasificación neste trofeo quedando na cuarta posición. No cuarto trofeo os da Lomba alcanzaban a súa terceira final, pero de novo caian na gran final ante o Corgo Team de Rumal. Nas súas filas conta co balón de ouro do segundo trofeo: Anastasio Pinto, pero o cerebro deste equipo pasou a ser o "grego" Nikolaos Kotsifatsis.







No hay comentarios: