sábado, 28 de febrero de 2009

Comunicado Oficial

Nesta edición haberá uns pequenos trocos no xeito de levalo. Todos, e digo TODOS, os donos dos equipos participantes terán moita responsabilidade para que o torneo vaia arriba e non haxa ningún tipo de problema á hora de retar, á hora de aceptar e de todo tipo.
1º.- Vaise crear unha conta de correo solo controlada por 2 personas, Jou e Brea.
2º.- Cada participante, en canto faga o reto, ten que copiar, dentro do menu de amigables, a frase que di: estás retando a 1 equipo xunto coa seguinte que pon o nome do equipo e todo iso.
(exemplo.- Estás retando a 1 equipo
España Spartak de Portorroibo (X) no teu estadio 11-02-2009 12:05

)
3º.- O equipo retado, en canto acepte o reto ten que copiar, dentro do menú de eventos do equipo, a frase
"Arranxouse un amigábel".
4º.- Despois de cada encontro, cada participante, debe enviar ó correo creado, un mail indicando:
a.- resultado
b.- unha mini cronica do partido, dende o seu punto de vista, como se estivera nunha rolda de prensa e lle dixeran: Mister, como resumiría o encontro de hoxe?
c.- Se ten dubidas sobre unha suposta aliñación indebida do equipo contrario. aquí ten que copiar a aliñación do partido e debaixo a aliñación do último partido de liga.
Ós participantes que non envien o correo no Mércores do partido, e se demostre que estiveron conectados ese dia, daráselles o partido por perdido 3-0. Si esto sucede 3 veces, quedarán inmediatamente expulsados do torneo.

A todos os participantes, moitas gracias por apuntarse, espero que entenderades ben eses pequenos cambios.

Se tedes algunha dúbida lémbrovos a conta de correo creada: torneoht@gmail.com. Ahí resolveranse tódalas dúbidas que poidades ter. O torneo comezará para a semán, aproveitando a 1ª semán do mes de marzo, polo tanto será o Mércores 4. O prazo para retar xa sabedes que vai dende o Xoves ata as 10 da noite do Sábado, e o prazo para aceptar dito reto vai dende que vos reten ata as 10 da noite do Luns. Solo me queda pedirvos que estedes atentos ó blog, para que despois non pasen cousas como as da edición pasada.

Un saúdo a todos.



1 comentario:

Jou dijo...

informovos da conta de correo creada para o torneo, á cal teredes k enviar todo o k se vos pide no comunicado.
se alguen ten algunha dubida e quere que se lle aclare solo ten que enviar un correo e intentarase resolver.
a conta é: torneoht@gmail.com
saudos a todos